O conflito dos escoltas de Rivera chega ao Senado

Os senadores de ERC prepararon varias preguntas ao Goberno para a seguinte sesión na Cámara Alta para que o Executivo responda por escritos ás súas demandas.


|

O incidente provocado no aeroporto do Prat polos escoltas de Albert Rivera e desvelado por Catalunyapress chega ao Senado e obriga a responder ao Goberno.


Albert rivera cs 110818 ep


Os feitos remóntanse a hai dúas semanas, cando os escoltas de Rivera impediron que o político fose sometido a unha "proba de trazas" para detectar posibles restos de explosivos no aeroporto do Prat. Esta negativa desencadeou unha pequena liorta entre os escoltas e os vixiantes de Trablisa presentes naquel momento no arco de seguridade.


Mentres o líder de Cidadáns prefire non facer mención ao sucedido, os traballadores afrontan agora unha denuncia da Policía Nacional que pode carrexarlles unha sanción. Pero os partidos políticos han prestado especial atención á desobediencia á autoridade que se produciu no control de explosivos do aeroporto e van pedir responsabilidades.


Así, os senadores de ERC prepararon varias preguntas ao Goberno para a seguinte sesión na Cámara Alta, para que o Executivo responda por escrito ás súas demandas.


Entre as preguntas propostas, o Goberno deberá responder se "toda a cidadanía, incluídos os parlamentarios das Cortes Xerais, debe someterse aos controis que estime oportunos a seguridade dun aeroporto" e se "toda a cidadanía é igual" ante as obrigacións legais referidas a este tipo de controis.


Os membros de Esquerra tamén queren saber se tanto os senadores como os deputados "poden librarse" dos controis aeroportuarios como pretendían os escoltas de Rivera e cuestionan "onde estaba a Garda Civil" cando se produciron os citados feitos e se se van a revisar os "protocolos" de acceso a aeroportos para garantir que todos os cidadáns pasen por estes controis.


A intención dos republicanos é coñecer se os escoltas "recibiron ordes" do líder de Cs para non pasar polo control, cal é o procedemento nestes casos e se é factible que os policías atendan ordes do escoltado.


Unha última cuestión exposta é sobre a posibilidade de que a Policía Nacional abra unha investigación sobre o sucedido no control do pasaxeiros do Prat o pasado 7 de outubro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE