A operadora R terá novo máximo accionista
A vasca Kutxabank xa non será o primeiro accionista do grupo Euskaltel se propospera a intención dun grupo británico de facerse case co 30% dos títulos.
A vasca Kutxabank xa non será o primeiro accionista do grupo Euskaltel se propospera a intención dun grupo británico de facerse case co 30% dos títulos.
Eamonn O'Hare , CEO de Zegona / campaignlive.co.uk
A empresa británica Zegona anunciou que elevará a súa participación na operadora vasca desde o 15% ata o 29,9%. Deste xeito Zegona sería o primeiro accionista de Euskaltel, adiantando a Kutxabank (21,32%).
Unha operación que tería repercusións en Galicia, dado que a galega R foi adquirida por Euskaltel hai uns anos. Os vascos apostaron no seu día por manter a marca galega, está por ver se os británicos seguen a mesma estratexia.
Zegona di ampliará a súa presenza na operadora mediante unha oferta pública voluntaria parcial en efectivo para adquirir unha participación adicional de ata un máximo do 14,9% do capital a un prezo de 7,75 euros por acción, o que supón un desembolso de ata 206,3 millóns de euros.
Euskaltel destacou este venres que o Plan estratéxico da compañía e o plan de negocio e de xestión foron aprobados tamén co apoio do conselleiro nomeado polo fondo Zegona, accionista do operador, que anunciou a súa intención de elevar a súa participación na empresa. A compañía destacou tamén que o interese dun accionista por aumentar a súa participación "referenda a fortaleza do proxecto".
Zegona emitiu un comunicado no que daba a coñecer os seus plans e no cal, tras subliñar que Euskaltel é "un negocio estratexicamente atractivo", con "unha forte posición competitiva nos seus mercados locais", aseguraba que "hai potencial para crear un valor engadido significativo" mediante o impulso de "melloras na eficiencia, incrementando o crecemento dos ingresos nas rexións actuais e acelerando a expansión fose do espazo que ocupa actualmente".
Escribe o teu comentario