Detido por conducir ebrio, drogado e portando un machete
Un veciño de Ponteareas foi interceptado pola Garda Civil cando conducía baixo os efectos do alcol e as drogas o pasado fin de semana. O detido levaba consigo un machete de grandes dimensións e non tiña nin carné de conducir nin seguro.

Os obxectos requisados pola Garda Civil.
   Axentes da Garda Civil interceptaron este fin de semana en Ponteareas (Pontevedra) a un condutor que deu positivo nos test de drogas e alcol e que circulaba sen carné, seguro nin ITV e portando no vehículo varias armas brancas, entre elas un machete.
   Segundo informaron desde o corpo, os axentes que participaban nun dispositivo na estrada PO-406 detectaron un vehículo que circulaba de forma "errática", seguindo "unha traxectoria oscilante e impredicible que, en ocasións, invadía o sentido contrario da marcha".
   O condutor, un veciño da localidade de 38 anos, deu positivo na proba de alcoholemia, así como en cocaína e THC. A maiores, os axentes comprobaron que non tiña permiso de conducir nin seguro e que o vehículo non pasara a ITV.
UN MACHETE E VARIOS MÓBILES
No interior do turismo, a Garda Civil interveu varias armas brancas, entre elas un machete de grandes dimensións, unha peza dun arma de fogo e varios teléfonos móbiles, cuxa procedencia se está investigando.
    
					
                        Destrúen o soño de ser garda civil dunha "deportista de elite" por ser celíaca
                    
Escribe o teu comentario