Arco Iris denuncia unha vertedura ilegal que afecta á fauna de Sabón
No comunicado de Arco Iris a asociación ecoloxista sinala que a causa da vertedura pode deberse a un mal selado por parte de Augas de Galicia, que días atrás procedera a selar unha vertedura ilegal dunha das empresas do polígono de Sabón.
A asociación ecoloxista denuncia ante a Garda Civil a alta mortaldade de peces do Ríos Bolaños, provocada por unha vertedura ilegal. Presuntamente a vertedura procede do polígono industrial de Sabón.
Peixes mortos no Río Bolaños.
A asociación Arco Iris denunciou o pasado domingo un delito ecolóxico en augas do Río Bolaños, na desembocadura da Praia de Sabón de Arteixo. Durante unha inspección rutineira, membros do colectivo detectaron o pasado sábado a preocupante mortaldade dos peixes do río, cursando a denuncia o domingo por vía telefónica para que se tomasen mostras da auga e da fauna acuática morta.
No comunicado de Arco Iris a asociación ecoloxista sinala que a causa da vertedura pode deberse a un mal selado por parte de Augas de Galicia, que días atrás procedera a selar unha vertedura ilegal dunha das empresas do polígono de Sabón. No propio comunicado faise mención á última gran vertedura que afectou o Río Bolaños, en agosto de 2016. “O episodio agora denunciado por Arco Iris pode dar a puntilla definitiva á xa escasa riqueza piscícola do castigado curso fluvial, completamente abandonado á súa mala sorte pola absoluta indolencia das autoridades municipais”, afirma a asociación ecoloxista.
Arco Iris tamén fai fincapé en que os delitos ambientais poden carrexar sancións por parte da Xunta que oscilan entre os 30.000 e os 600.000 euros. “Esperamos que a investigación destes feitos conclúan na localización do foco de vertedura e a imposición das máis severas multas para evitar que no futuro repítanse estes intolerables episodios”, reclaman desde o colectivo, animando ao Concello de Arteixo a iniciar un Plan de Recuperación Ambiental do Río Bolaños.
Escribe o teu comentario