Tras o paso de "unha fundación relacionada co Opus Dei", difícil situación no Colexio Junior'

En declaracións a Galiciapress, os actuais xestores do Colexio Junior's recoñecen problemas, pero limitan o seu alcance e móstranse confiados en reconducir a "complicada" situación, que vinculan co paso pola xerencia dunha fundación próxima ao Opus Dei. O sindicato CIG-Ensino denunciou que "a situación no Colexio Junior's" empeza a ser insustentable. A causa son a "falta de pagamentos de ata catro meses".


|

En declaracións a Galiciapress, os actuais xestores do Colexio Junior's recoñecen problemas, pero limitan o seu alcance e móstranse confiados en reconducir a "complicada" situación, que vinculan co paso pola xerencia dunha fundación próxima a o Opus Dei.  O sindicato CIG-Ensino denunciou que "a situación no Colexio Junior's" empeza a ser insustentable. A causa son a "falta de pagamentos de ata catro meses".


Colexio juniors

Colexio Junior's en Silvouta |cicconstrucion



A CIG ALERTA DE FALTA DE PAGAMENTOS E DESPEDIMENTOS

De acordo á versión do sindicato, que o Colexio desmente en parte, a dirección "despediu a varios docentes a principios de curso sen notificarllo por escrito". Ademais, "tampouco lles deu os contratos ás 14 persoas novas que se incorporaron" para o novo curso. 


Os 27 asalariados do centro acumulan un mes de falta de pagamento, que nalgúns casos prolóngase ata catro meses, segundo a CIG. A entral advirte de accións na rúa e nos xulgados se non hai solucións pronto. De acordo aos seus datos, a matrícula caeu de 130 a 55 alumnos.


VERSIÓN DA ACTUAL XERENCIA

Ata 65 alumnos eleva a actual matrícula o secretario da Fundación Junior's.  Diego Rosales admite a Galiciapress que a situación económica do centro é "complicada" pero móstrase convencido de poder cumprir os compromisos cos traballadores e reconducir a situación.


O dirixente da Fundación Junior's vincula as dificultades coa anterior xerencia. A administración anterior realizada por unha fundación vinculada ao Opus Dei quixo pechar o colexio en xaneiro e iso provocou unha desbandada de alumnos, argumenta, de ata o 60%.


Rosales lembra que durante dous anos Junior's estivo dirixido por a Fundación Areanales,  efectivamente relacionada co Opus. Dirección da que "foi desaloxada" do colexio de Santiago pola súa "mala xestión", do mesmo xeito que doutro centro privado galego, o Colexio Miraflores de Ourense


Sobre os despedimentos aos que alude a central nacionalista, o secretario recoñece unha "saída pactada" con algúns traballadores ante os problemas de pagos mentres que con outros se pactou un plan de pago que "se está respectando".


Rosales nega que os novos empregados teñan un mes de atraso de nóminas, entre outras cousas porque di aínda non pasou un mes desde que empezaron a traballar e promete que "van cobrar relixiosamente" ao vencer o mes. A falta de contrato formalizado vincúlaa a un equívoco coa xestoría, en vías de solución, destacando que os operarios están dados de alta na Seguridade Social.


Admite iso si que "tres ou catro" traballadores "que pediron saír" sofren máis meses de falta de pagamentos, pero espera liquidar o problema en breve. 


VIABILIDADE DO CENTRO

Será Junior's capaz de remontar o voo? A CIG sementa dúbidas no seu comunicado e Rosales responde que "a nosa idea é empezo o curso e acabe con toda a normalidade posible e esperemos que sexa o primeiro ano dun proxecto duradeiro". Argumenta que, nesta etapa, "as persoas que estamos agora á fronte non somos especuladores, senón profesionais", con forte vinculación co Colexio e algúns con anos de experiencia á fronte de institucións educativas de relevancia.


Non é a primeira vez que se publican referencias ás dificultades do Colexio. Compostela24horas aludiu na primavera á posibilidade de que o colexio "con vinculación ao Opus Dei" non abrise despois do verán. El Correo Galego publicou hai dous anos unha noticia na que afirmaba que o Colexio ía chegar a un acordo con "unha fundación do Opus" para ampliar a súa oferta educativa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE