Os bispos galegos firmes apoiando ao Papa Francisco

|

No medio da polémica sobre o labor do Papa na loita contra os abusos e a modernización da Igrexa católica, os bispos de Galicia trasladaron ao Papa Francisco a súa "proximidade, solidariedade e apoio" ante os "graves ataques" contra a Igrexa e "a persoa do Santo Pai".



Papa


Nun comunicado, tras a reunión ordinaria que mantiveron o 17 de setembro en Poio (Pontevedra), os bispos da Provincia Elesiástica de Santiago, que comprende as Dioceses de Santiago de Compostela, Tui-Vigo, Mondoñedo-Ferrol, Lugo e Ourense, trasladan "o total apoio á súa Persoa, a plena comuñón coa súa misión de Pastor Universal e a completa adhesión ao seu maxisterio".


Finalmente, encomendan ao Papa para que "o Señor continúe sosténdolle na incansable misión de animar, orientar e renovar a Igrexa coa alegría do Evanxeo", ademais de mostrarlle "a súa proximidade" e a de "todos os fieis de Galicia".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress