Un incendio calcina por completo a nave de Castañas Barredo en Rubiá

Un incendio calcinou por completo a nave industrial da empresa Castañas Barredo, situada no municipio ourensán de Rubiá, aínda que sen causar danos persoais


|

Camion bombeiros


Un incendio calcinou por completo a nave industrial da empresa Castañas Barredo, situada no municipio ourensán de Rubiá, aínda que sen causar danos persoais.


O lume iniciouse ao redor das 18,30 horas do xoves, cando persoal da empresa e varios veciños contactaron co 112-Galicia alarmados polas chamas, que eran visibles desde varios puntos.


Inmediatamente activouse un operativo no que participaron os Bombeiros do Barco de Valdeorras e de Monforte, así como membros do GES de Valdeorras. Tamén se solicitou colaboración do persoal de extinción de incendios da Consellería do Medio Rural, que achegaron material.


As chamas queimaron por completo a nave de Castañas Barredo, composta por diversos departamentos para o secado e procesamento dos seus produtos. Con todo, por fortuna, ninguén resultou ferido e non se viu afectado tampouco a contorna, onde hai outras naves industriais e zona arborizada.


O 112-Galicia precisou que a elevada carga de combustión alcanzada polo incendio prolongou o traballo dos efectivos de extinción, que controlaron o lume sobre as 20,00 horas. Non foi ata a 1 da madrugada, con todo, cando se deu por extinguido e un retén permaneceu unhas horas para maior seguridade.


Mentres duraron os traballos de extinción foi necesario interromper o tráfico nas vías de acceso, debido á caída de restos da construción. Por este motivo, no operativo participaron tamén axentes da Garda Civil de Tráfico.


INCENDIO NUNHA VIVENDA

Por outra banda, no concello coruñés de Ames, no lugar de Carballo, rexistrouse un incendio que afectou a parte baixa de unha vivenda en construción onde se almacenaba herba seca.


O 112 tivo coñecemento do lume pouco antes das 22,00 horas, a través da Policía Local de Ames. Na extinción das chamas, que se prolongou ata as 6,00 horas deste venres, participaron os Bombeiros de Boiro, membros do GES de Brión e voluntarios de Protección Civil de Ames.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE