Concertos gratis dalgunhas das mellores bandas galegas no Festival Do Leite
Ses, De Vacas e Triángulo de Amor Bizarro son os pratos fortes da terceira edición deste festival organizado pola marca Deleite, propiedade de gandeiros galegos. Os concertos empezan a partir das 12 en Pontevedra.
Ses, De Vacas e Triángulo de Amor Bizarro son os pratos fortes da terceira edición deste festival organizado pola marca Deleite, propiedade de gandeiros galegos. Os concertos empezan a partir das 12 o sábado en Pontevedra.
O evento encherá de música durante todo o día a Illa das Esculturas. E faio para, segundo os organizadores, "poñer en valor a importancia estratéxica do sector lácteo de Galicia". O certo é que na nosa comunidade viñan celebrando máis de 400 festas gastronómicas e preto de 300 feiras sectoriais, pero non había ningún evento dedicado ao produto agrario que máis aportou historicamente á economía de Galicia, como é o leite.
O Festival do Leite está organizado e promovido por Deleite, unha marca que volveu ao mercado no 2016 impulsada por Leite Noso, unha sociedade constituída por un grupo de gandeiros galegos que se xuntaron para asumir de maneira directa o reto de comercializar o seu leite, sen intermediación dunha industria. Foi a primeira vez en Galicia en que un grupo de gandeiros organizouse para vender directamente a súa produción.
HORARIOS FESTIVAL DO LEITE
O Festival, que ten entrada libre, comezará ao mediodía e continuará ata pasada a medianoite. Con este horario, o obxectivo do Festival do Leite é facilitar a asistencia de todos os públicos, incluídas familias , que poderán gozar de dous espectáculos infantís, a cargo de María Fumaça e a Gramola Gominola, así como cun taller de debuxo de Luís Davila’, que estará na illa das Esculturas a partir das 12 do mediodía.
- María Fumaça: 12.30 h. (Espectáculo infantil)
- Cora V: 13.30 h.
- De Vacas: 14.15 h.
- Gold& Colt: 15.15 h.
- Soul Jacket: 16 h.
- Gramola Gominola: 17 h. (Espectáculo infantil)
- Bifannah: 18 h.
- Ses: 19 h.
- La Casa de los Ingleses: 20.30 h.
- The Limboos: 21.15 h.
- Disco Las Palmeras: 22.15 h.
- Triángulo de Amor Bizarro: 23 h.
Escribe o teu comentario