"Como din os meus amigos xitanos, o humor é o humor", responde Roberto Vilar á polémica sobre Land Rober
Roberto Vilar lanzou hoxe unha resposta á polémica polo seu vídeo de presentación da nova tempada de Land Rober (TVG). O humorista concluíu un pequeno vídeo este xoves dicindo "como din os meus amigos xitanos, o humor é o humor".

Chegou ou día... ❤#VoltaLandRober!!!!
— Roberto Vilar (@RobertoVilarTV) 13 de setembro de 2018
E con todo isto... 😲💣 pic.twitter.com/Wpp8GwrmeT
O sindicato CIG pedira a retirada do anuncio de volta á pantalla do programa Land Rober da programación da TVG . Segundo o comunicado feito publico este mércores polo sindicato, a promoción tenta convencer á audiencia "en clave humorística" de que é "mellor ver Land Rober que pegarlle a unha vella". Algo que supoñía unha vanalización da violencia machista segundo o sindicato.
A pesar do considerable rebumbio nas redes sociais, nin a TVG, nin Land Rober, nin o humorista retiraron a promoción. Hoxe Vilar responde de maneira indirecta e de paso, facendo referencia a outra polémica, a que envolveu a Rober Bodegas ao fío do seu polémico monólogo humorístico sobre os xitanos.
Escribe o teu comentario