Unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea no CHUS para celebrar o día do doante
A maiores, o día 23 de setembro, en Narón, terá lugar a IV Carreira-Andaina Solidaria de Asotrame
III Carreira de Asotrame
A Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (Asotrame) organiza, este xoves, para celebrar o día do doante de medula ósea, unha mesa informativa no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago para sensibilizar á sociedade sobre a doazón de medula ósea.
A maiores, o día 23 de setembro, en Narón (A Coruña), terá lugar a IV Carreira-Andaina Solidaria de Asotrame, que reúne cada ano a máis de 1.000 persoas para concienciar sobre a doazón de medula.
Ademais de participar fisicamente, Asotrame abriu un 'dorsal 0' para todos aqueles que queiran colaborar a través de Internet, realizando un donativo. Todo o recadado, irá destinado a financiar os proxectos da entidade, destinados a mellorar a calidade de vida de pacientes con cancro e dos seus familiares.
Escribe o teu comentario