Leite barato, menos de 60 céntimos o litro 3 anos despois das protestas

A maioría das principais cadeas de supermercados venden o leite máis barato por menos de 60 céntimos o litro


|

TRACTORADASSECTORLACTEO 1


A maioría das principais cadeas de supermercados venden a leite máis barato por menos de 60 céntimos o litro tres anos despois das protestas do sector lácteo. Así, supermercados Froiz rexistra o prezo máis baixo, co leite desnatada Solar por 56 céntimos o litro.


Supermercados Gadis e Eroski séguenlle de preto. O litro de leite enteiro Camponuestro, producido por Leche Río, é o máis barato da cadea galega e costa 58 céntimos, igual que o leite enteiro Bomilk dos supermercados Eroski. Tampouco aproba o leite enteiro Hacendado, a máis barata do supermercado Mercadona, custa 59 céntimos o litro.


Doutra banda, o leite enteiro Aliada, á venda no supermercado O Corte Inglés, pasa polos pelos, con un prezo de 60 céntimos por litro. O leite Día á venda no supermercado homónimo excede a barreira, e sitúase no 61 céntimos. 


O prezo medio do leite máis económico é de 58,66 céntimos de media, que pode carrexar grandes perdas para as explotacións gandeiras. A comezos de 2018 o número de granxas galegas diminuíron ata 7.916, o que supón que a comunidade perdeu máis de medio milleiro de explotacións con respecto ao mes de xaneiro do 2017. 


Segundo o Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, o prezo que perciben as explotacións de media caeu case un 4,5% entre xaneiro e xullo deste ano, cun prezo medio por litro de 31,7 céntimos en xaneiro e 30,3 céntimos no mes de xullo. A pesar de todo, o prezo actual sitúase máis de dous céntimos por encima que o de fai tres anos, cando no mes de xuño -previo ás mobilizacións- pagábase a 28,2 céntimos o litro, un 25% por baixo que en mesmo mes de 2014.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE