92 absoltos e 10 investigados pola liorta na que ultras mataron a Jimmy

Aínda que ninguén pagará polo asasinato do seareiro do Deportivo da Coruña, a Xustiza segue investigando -catro anos despois- a dez persoas pola refrega rueira entre seareiros galegos e da Fronte Atlético.


|

Aínda que ninguén pagará polo asasinato do seareiro do Deportivo da Coruña, a Xustiza segue investigando -catro anos despois- a dez persoas pola liorta na rúa entre seareiros galegos e da Frente Atlético.


O Xulgado de Instrución número 20 de Madrid procesou a dez persoas pola súa presunta participación na liorta que enfrontou o 30 de novembro de 2014 a seareiros de Riazor Blues e da Frente Atlético, que desembocou na morte de Francisco Javier Romeu 'Jimmy'.


Jimmyhinchadepor

Fotomontaxe da cara do falecido e captura do vídeo cando seareiros rivais tírano ao Manzanares


Así consta no auto que transforma as dilixencias en procedemento abreviado, o que supón a conclusión da investigación. O maxistrado acusa a dez persoas e decide o sobresemento ao resto de persoas (92) implicadas na causa.

O instrutor afirma que do instruído despréndense indicios de que participación na liorta, feitos que se investigan en relación a un presunto delito de rifa tumultuaria e atentado.

Ademais, acorda o sobresemento provisional de 92 persoas que foran imputadas na causa, xa que considera que non hai indicios que sustenten a súa acusación.

O pasado xuño, o xuíz pechou a investigación iniciada tras a morte de 'Jimmy' sen procesamento ao non existir indicios de criminalidade contra as persoas sinaladas no proceso.

Nun auto, o xuíz chegou a esta conclusión tras considerar que a declaración da principal testemuña "non é fiable" e non serve de maneira evidente para os efectos "de sustentar o procesamento de persoa algunha".

Ademais, afirmaba que a gravación dun videoaficionado, achegada á causa, da rifa que tivo lugar nas inmediacións do Calderón, "carece da calidade suficiente para poder establecer sen ningún xénero de dúbida a identidade das persoas que alí aparecen, dada a súa baixa resolución".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE