Arrinca o FICBueu cunha programación de 80 curtametraxes en 9 días
O director do festival, Manuel Pena, prevé 15.000 visitantes
Presentación do FICBueu
O FICBueu, festival de curtas de Bueu, arrinca este venres, nunha edición na que se exhibirán 80 curtos ata o 15 de setembro.
O director do festival, Manuel Pena, prevé 15.000 visitantes e sinala que o festival se marca o reto do colgar o cartel de "non hai billetes" durante os nove días de duración.
O director de Agadic, Jacobo Sutil, destaca a sección Galicia R, que conta con "cinco destacadas curtametraxes de produción galega", ademais de actividades paralelas, gastronomía e espectáculos protagonizados por Luís Davila e Carlos Branco.
Algunhas desas actividades serán o show 'De Galicia a Hollywood', cos membros do programa Todopoderosos: o director Rodrigo Cortés, o escritor Juan Gómez-Xurado e o director do programa, Arturo González Campos. Haberá un encontro con Mabel Rivera e gravarase o programa de radio de Carne Cruda, entre outros.
Escribe o teu comentario