O persoal de Atento maniféstase en contra dos "despedimentos a contagotas" e as sancións

Para o 10 de setembro, convocaron unha manifestación co lema 'Atento: 20 anos en loita contra a explotación laboral'


|

PROTESTA OPERADORAS ATENTO CIG CXT

Outra protesta do persoal de Atento


O persoal de Atento na Coruña secundaron este luns unha nova xornada de protestas nun calendario de mobilizacións que levan a cabo desde o pasado 28 de maio en protesta polas sancións e o despedimento de persoal, segundo denuncian.


"Estamos cunha explotación laboral que cada vez vai a máis", sinalou a Europa Press unha das representantes do comité de empresa, Chus Rodríguez. Sobre os motivos das protestas, sinalou que están a producirse "despedimentos a contagotas" e que se está exercendo "moita presión" sobre os traballadores, con imposición de "sancións" tamén.


Na xornada deste luns, o comité de empresa convocou unha concentración ás 12,00 horas ante o centro de traballo, unha mobilización que se repetirá tamén ás 18,00 horas.


Para o 10 de setembro, convocaron unha manifestación, que sairá ás 18,00 horas desde a sede da empresa co lema 'Atento: 20 anos en loita contra a explotación laboral'.


Desde os sindicatos, denuncian tamén que a empresa non dá mostras "de querer atender" unhas reivindicacións que cualifican de "xustas e razoables". Por iso, afirman que seguirán loitando por un traballo "digno e saudable".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE