O Estado condona a débeda do Porto de Valencia pero non a do da Coruña

"A única solución que se está propoñendo para a débeda do porto coruñés pasa pola venda da súa fachada marítima, obrigándoa a perder patrimonio"


|

Porto exterior da Coruña

Porto exterior da Coruña


O Goberno central ha ofrecido un tato ao Consorcio de Valencia para condonar a súa débeda de 350 millóns de euros. Na Coruña "hai que desfacer unha fachada marítima para pagar só 200 millóns de euros", criticou o portavoz de En Marea, Luís Villares. 


A formación considera que o acordo co porto da capital da Comunidade Valenciana é un "agravio comparativo contra a comunidade galega", e esixe ao goberno de Pedro Sánchez a que siga o mesmo exemplo na Coruña. 


"A única solución que se está propoñendo para a débeda do porto coruñés pasa pola venda da súa fachada marítima, obrigándoa a perder patrimonio", explican desde En Marea. Sinalan que, mentres a débeda valenciana débese á "celebración da copa do mundo de vela e doutras actuacións deportivas, a coruñesa, 150 millóns inferior, contraeuse para con Portos do estado para construír o porto exterior. 


"Se Valencia e a súa débeda foi tratada nunha mesa de negociación, a débeda do porto da Coruña tamén deberá estalo, e En Marea comprométese a que así sexa", sentenca Villares.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE