Continúan activos os incendios do parque do Invernadoiro desde o mércores
Os dous incendios forestais que se iniciaron este mércores no parque natural do Invernadoiro, na provincia de Ourense, continuan aínda activos, tras afectar en conxunto a un total de 68 hectáreas
Os dous incendios forestais que se iniciaron este mércores no parque natural do Invernadoiro, na provincia de Ourense, continuan aínda activos, tras afectar en conxunto a un total de 68 hectáreas.
Segundo informa a Europa Press a Consellería do Medio Rural, están a actuar os medios aéreos para tratar de extinguir os dous lumes, que están separados por unha distancia duns 500 metros no municipio de Vilariño de Conso, na parroquia de San Mamede de Hedrada.
Os incendios están activos desde as 16,10 horas deste mércores. O primeiro deles afecta a 14 hectáreas, mentres que o outro xa alcanza as 54 hectáreas.
No incendio de maiores dimensións, e que se sitúa nunha zona inaccesible para os servizos de extinción terrestres, incorporáronse cinco helicópteros e solicitáronse dous avións máis, coa previsión de que se poidan ir incorporando tamén máis medios aéreos.
Escribe o teu comentario