Ruta nudista en bicicleta contra o racismo
As participantes emprenderán o camiño baixo os lemas "Todos somos África" e "Nós tamén somos ou vimos de emigrantes"
Este mércores 22 de agosto parte unha ruta seminudista e nudista en bicicleta do concello de Vigo. Inspirada polo "autor da unidade", Jesús Antonio Fernández Olmedo, as participantes emprenderán o camiño baixo os lemas "Todos somos África" e "Nós tamén somos ou vimos de emigrantes".
Ás 20.00h comezará a ruta desde a porta do consistorio, á que se pode sumar calquera persoa. Desde a organización convidan a levar os lemas escritos no corpo.
"Europa mirou a África e os europeos fregáronse as mans pensando 'total, son unha cuadrilla de tribos tolas', e foron alí a roubar os seus recursos naturais", expoñen desde a organización de Olmedo. A iniciativa seguirá o vindeiro domingo 26 en Dinamarca, onde o autor fará unha chamada de atención "sobre a tolerancia cara a outras culturas e etnias".
Escribe o teu comentario