Ciclo de cinema clásico ao aire libre no Parque de Bonaval

O parque de Bonaval de Santiago de Compostela acollerá durante o mes de agosto un ciclo de cinema clásico ao aire libre, no que se proxectarán seis películas de xénero negro, thriller ou de intriga como 'Perdición' de Billy Willer ou 'Rififi' de Jules Dassin.

|

Concha Fernández presenta o ciclo de cinema clásico ao aire libre


O parque de Bonaval de Santiago de Compostela acollerá durante o mes de agosto un ciclo de cinema clásico ao aire libre, no que se proxectarán seis películas de xénero negro, thriller ou de intriga como 'Perdición' de Billy Willer ou 'Rififi' de Jules Dassin.

A iniciativa, que foi presentada pola concelleira de políticas sociais, Concha Fernández, foi a proposta máis votada no proceso de orzamentos participativos 'Compostela Decide' o ano pasado e que se volve a celebrar nesta ocasión.

En concreto, as películas, clásicas realizadas entre os anos 30 e 60, proxectaranse todos os venres e sábados ás 21,30 horas e, segundo destacou Concha Fernández, supoñerán unha "oportunidade para revisitar os clásicos desde un espazo singular" da cidade. Con todo, se o tempo non permite as proxeccións ao aire libre, trasladaranse ao Teatro Principal.

Concha Fernández explicou que, nun principio, a proposta estaba pensada para levar a cabo durante as festas do Apóstolo, pero finalmente decidiron que a programación dese período estaba "suficientemente completa" e trasladárono ao mes de agosto.

DÍAS 10 E 11 DE AGOSTO
O ciclo comeza este venres con 'Rififí'(1955), unha película dirixida por Jules Dassin que segue a vida dun exconvicto, que tras saír do cárcere, tenta cambiar de vida, pero que finalmente se reúne cos seus vellos colegas para atracar unha inaccesible xoiería de París.

Ademais, o sábado proxectarase 'O inferno do odio'(1963), do xaponés Akira Hurosawa, este thriller narra a historia dun directivo dunha importante empresa de zapatos, cuxo fillo foi secuestrado. Para o seu rescate, piden unha gran cantidade de diñeiro, pero o pai necesita ese diñeiro para pechar unha negociación que lle dará o control da empresa.

DÍAS 17 E 18 DE AGOSTO
O segundo fin de semana poderase ver 'M, o vampiro de Düsseldorf' (1931), un thriller alemán que conta como tras o asasinato dunhas nenas, a policía desesperada detén a calquera persoa minimamente sospeitosa. Ante as redadas, os xefes do hampa deciden buscar ao asasino eles mesmos.

O 18 de agosto proxectarase 'Perdición' (1944), unha película de Billy Wilder que conta a experiencia dun axente de seguros e unha cliente que pretenden asasinar o marido desta última.

DÍAS 24 E 25 DE AGOSTO
Pola súa banda, o venres proxectarase 'Laura' (1944), un filme realizado por Otto Preminger que conta como un detective investiga o asasinato de Laura Hunta, unha elegante e sedutora muller que aparece morta no seu apartamento.

A última película será 'Surcos' (1951) --de José Antonio Neves Conde--, a única española, ambientada na Guerra Civil Española e de drama, que vira ao redor dunha familia que abandona o campo para emigrar a Madrid en busca de mellores condicións, pero atópanse cunha vida na cidade cruel e chea de desenganos e penalidades.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE