Aumenta a crise do PSOE en Ferrol

O secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, reclamou ás dúas edís de Ferrol que abandonaron a disciplina do partido, María Fernández Lemos e Rosa Méndez, que entreguen a súa acta.

|


QUIROGA 745x45psdeg


O secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, reclamou ás dúas edís de Ferrol que abandonaron a disciplina do partido, María Fernández Lemos e Rosa Méndez, que entreguen a súa acta.

Diso informou o PSdeG nun comunicado, no que lembra que as dúas concelleiras concorreron nunha candidatura socialista nas pasadas eleccións municipais. Por iso, dada a súa decisión de non cinguirse ao mandato do partido, o PSdeG esíxelles que abandonen a corporación.

"Foron elixidas baixo as siglas do PSdeG", subliñou Quiroga, que defendeu que ambas deben poñer o acta a disposición do Partido Socialista de Galicia.

Todos os cargos socialistas, explicou o responsable de Organización, "teñen a obrigación" de acatar as normas e mandatos estatutarios do partido.

Por este motivo, insta as edís a renunciar ao acta para que entren na corporación os seguintes integrantes da candidatura coa que os socialistas se presentaron ás municipais en Ferrol.

Rosa Méndez, a única das dúas que era militante socialista, xa foi expulsada das filas socialistas pola súa actitude xaneiro de 2017. Pola súa banda, María Fernández concorreu nas listas do PSOE a pesar de non ser afiliada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE