Sin Rodeos chega a Ponteareas da man do Cine Itinerante de Naturgy
A película proxéctase o xoves 9 de agosto ás 22.00h en Feira Vella, da man de Naturgy e a Fundación Academia de Cine
Maribel Verdú (izq.), Santiago Segura e Bárbara Santa-Cruz (dcha.) | Imaxe: Zimbio
O xoves 9 de agosto chega o Ciclo Naturgy de Cine Itinerante Verán 2018 a Ponteareas, coa proxección da comedia de Santiago Segura Sin rodeos. A actriz e unha das protagonistas da película, Bárbara Santa-Cruz presentará o filme en Feira Vella.
O pase comezará ás 22.00h da man de Naturgy, a Fundación Academia de Cine e coa colaboración do Concello de Ponteareas, nunha sesión gratuíta ata completar aforamento.
Sin rodeos fala da vida de Paz, encarnada por Maribel Verdú, unha muller angustiada e abafada que recorre a un 'sanador' hindú, interpretado por Santiago Segura, que lle ofrece unha poción a base de plantas milenarias para liberar a súa tensión. O público do Cine Itinerante Verano 2018 poderá coñecer as curiosidades e anécdotas da rodaxe con Bárbara Santa-Cruz, Alejandra na película, que colaborou en producións como Amar en tiempos revueltos, 3 bodas de más, Los amantes pasageros e Pagafantas.
O ciclo, que fai a súa sétima parada en Ponteareas, leva as longametraxes que marcaron 2017 e os primeiros meses de 2018 a diversos recunchos da xeografía española. Esta é a súa duodécima edición, e alcanzaron xa as 52.000 espectadoras e espectadores por máis de 85 cidades.
Escribe o teu comentario