Cadea humana por un "pacto global" pola emigración

Este sábado ás 20.00h veciñas e veciños de Vigo uniranse nunha cadea humana diante do concello baixo o lema "Todos somos emigrantes"


|

Cadea humana emigracion antoniofernandezolmedo

Jesús Antonio Fernández Olmedo


Este sábado ás 20.00h o autor Jesús Antonio Fernández Olmedo protagoniza xunto a veciñas e veciños de Vigo unha cadea humana enfronte do concello baixo o lema 'Todos somos emigrantes'. As persoas asistentes vestirán unha camiseta con consígnaa para buscar unha "solución de fondo" ás persoas que chegan cada día a Europa en busca dunha vida segura. 


O coñecido como 'Escritor pola unidade' continúa camiñando pola Paz e a Non violencia nunha das varias accións que está a levar a cabo a nivel mundial e que "deica pouco" impulsará en distitnas cidades europeas , onde as persoas terán a oportunidade de "mollarse pola emigración". 


"A palabra emigrante ten que ser vista de tres maneiras: o que sae de forma voluntaria, o que sae obrigado e o que sae a punta de arma", afirman desde a organización do evento. Afirman que "xa non vale poñerse como heroes" con argumentos como a agogida, senón que "hai que darlles unha solución de fondo a estas persoas". 


No encontro poderanse ver pancartas alusivas a "a inmensa contribución dos emigrantes ás distintas sociedades europeas", e reivindicarase a "necesidade de crear un pacto global pola emigración". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE