Rajoy logra unha praza de Rexistrador en Madrid un mes despois de volver traballar


O 19 de xuño o ex-presidente do goberno sorprendía a todos ocupando a súa praza de rexistrador da propiedade en Santa Pola. Pouco máis dun més despois, o político gaña un concurso para traballar en pleno centro da capital de España.


|

O 19 de xuño o ex-presidente do goberno sorprendía a todos ocupando a súa praza de rexistrador da propiedade en Santa Pola. Pouco máis dun més despois, o político gaña un concurso para traballar en pleno centro da capital de España.



Rajoy congreso pp ep

Rajoy no recente Congreso do PP


O expresidente do Goberno e do Partido Popular Mariano Rajoy obtivo praza como rexistrador da propiedade no rexistro mercantil número 5 de Madrid, situado en pleno Paseo de Castilla.


GAÑADOR ENTRE SESENTA SOLICITANTES

Así consta nunha resolución do concurso da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, recollida por Europa Press, na que, entre os máis de sesenta solicitantes, figura Rajoy, que na actualidade ostenta unha praza de rexistrador nun localidade de Santa Pola (Alacante).


Deste xeito, o expresidente da formación popular podería deixar a cidade alacantina á que se trasladou hai pouco máis dun mes para reincorporarse á súa praza.


A SÚA IRMÁ TRABALLA EN XETAFE

O exjefe do Executivo pediu o seu reingreso no corpo de rexistradores da propiedade tras 35 anos en primeira liña política e despois de presentar a renuncia ao seu escano no Congreso dos Deputados e de deixar a presidencia do Partido Popular.


De acordo co documento que recolle o portal web do Ministerio de Xustiza, ademais de Mariano Rajoy conseguiría praza no rexistro da propiedade de Madrid número 54 a súa irmá Mercedes Rajoy, actualmente en Xetafe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE