A actriz Nerea Barros dá o pistoletazo de saída ao Apóstolo 2018

A picheleira declarouse "emocionada" por poder vivir "unha das noites máis especiais e emocionantes" da súa vida


|

Nereabarros


As festas do Apóstolo 2018 comezaron oficialmente este mércores na Praza do Obradoiro co pregón da actriz Nerea Barros. A picheleira declarouse "emocionada" por poder vivir "unha das noites máis especiais e emocionantes" da súa vida, desde un balcón de Raxoi no que a acompañaban, entre outras, o alcalde de Santiago Martiño Noriega. 


As varandas do Concello, igual que a praza, estaban cheas de xente que acudiu a oír as palabras de Barros. "Santiago é a miña esencia, como persoa, como muller e como actriz", dixo. Tras uns minutos de discurso, que contaron coa tradución simultánea a lingua de signos, as luces do Obradoiro caeron á vez que a noite para dar paso a uns fogos artificiais, que marcaban o inicio das festas. 


A gran Bette Smith foi a primeira artista en subirse a un escenario nestes festexos. Fíxoo en tamén no Obradoiro, acompañada dos seus cinco músicos e ritmos de soul, gospel e blues diretamente desde Mississippi, a súa cidade musical adoptiva.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE