UUAA esixe á Xunta que non abandone aos concellos na loita contra a Velutina

"Trátase dun problema global de Galicia no que teñen competencia clara as consellerías", manifestan desde o UUAA 


|

Velutina


Unións Agrarias reclama á Xunta que lidere a loita contra a avespa Velutina en Galicia. O sindicato insta as Consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural a tomar medidas ante unha praga que "ameaza con ser letal para o sector apícola e de alto risco para as persoas"


"Trátase dun problema global de Galicia no que teñen competencia clara as consellerías", manifestan desde o UUAA. Critican así ao Goberno autonómico por "deixar o control" da praga na capacidade dos concellos, "porque non dispoñen de medios" e "os que lle mandan desde a Xunta son irrisorios", nin de "persoal con formación específica". 


Desde o sindicato destacan que "se a extensión da Velutina non foi peor" foi grazas á colaboración da sociedade civil, con mención especial a apicultoras e apicultores e ás súas asociacións, "que tiveron que loitar en solitario" sen máis recursos e formación "que a propia"


Doutra banda, expoñen que "moitos dos feridos" da avespa foron consecuencia da realización de limpeza de maleza "obrigados a facer a fume de carozo" pola nova normativa da Administración galega. Con todo, esixen á Xunta que ante a falta de unha "solución científica clara" fagan un "esforzo de xestión" sobre o terreo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE