Fernández Albor, o primeiro presidente da Xunta, morre aos 100 anos

Gerardo Fernández Alvor faleceu este xoves en Santiago de Compostela. O político conservador, dun século de idade, foi o primeiro mandatario da autonomía galega.


|

Gerardo Fernández Alvor faleceu este xoves en Santiago de Compostela. O político conservador, dun século de idade, foi o primeiro mandatario da autonomía galega.



Albor


PERFIL GALEGUISTA

Ligado a partidos de dereitas --el definiuse publicamente como católico de dereitas--, pero con perfil galeguista, as reivindicacións autonomistas non faltaron nos seus discursos parlamentarios, como reflicte a obra editada recentemente polo Parlamento de Galicia que os recompila e pecha coa intervención de Albor do 23 de setembro de 1987, durante o debate da moción de censura que lle apartou do poder.


Recentemente cumpridos os 70 anos, deixou a Presidencia en mans do socialista Fernando González Laxe reivindicando "o deber cumprido" e, remiso ás etiquetas ideolóxicas, para animar aos seus, non tivo reparos en citar a Companys.


"Nestes momentos da loita política, recordo que nuns momentos tristes da historia de España dicía un político catalán, en momentos bastante máis graves e tristes que os de agora mesmo para min. Dicía 'tornarem a lluitar', 'tornarem a sofrir', 'tornarem a vencer'. Volveremos loitar, volveremos sufrir e volveremos vencer. Iso é o último que lles digo eu aos meus compañeiros de Coalición Popular e ao pobo de Galicia", despediu Albor o seu cargo.


O ADOLFO SUÁREZ GALEGO

Amigos e dirixentes que traballaron á beira de Albor reivindican o seu perfil "galeguista", a súa "mesura" e cren que Galicia débelle " moito".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE