Os críticos coa mina de Touro unen a súa voz cos traballadores da CRTVG
Un dos colectivos críticos coa polémica mina de Touro sumouse hoxe ás protestas contra a suposta manipulación dos medios públicos galegos. Activistas de Mina de Touro O Pino Non participaron na concentración deste venres no recibidor da CRTVG en San Marcos.
Un de os colectivos críticos coa polémica mina de Touro sumouse hoxe ás protestas contra a suposta manipulación dos medios públicos galegos. Activistas de Mina de Touro O Pino Non participaron na concentración deste venres no recibidor da CRTVG en San Marcos.
Os veciños xustifican a súa presenza argumentando que "queremos uns medios públicos, libres e de calidade" por iso hoxe "nos mobilizamos cos compañeiros da CRTVG, Radio Galega e TVE en Galicia".
Precisamente, a cobertura deste conflito é un dos puntos cuestionados no labor informativo dos medios autonómicos. Así, a oposición reprochou en varias ocasións á dirección do ente público que a TVG minimiza os constantes eventos en contra a mina que organizan os opostos ao proxecto de Atalaya Minning e Cobre San Rafael.
Mentres, os traballadores da CRTVG continúan co seu plan para defender uns medios públicos de calidade. A de hoxe é a décima xornada que acoden de negro á emisora, algúns presentadores que saen en pantalla incluídos.
Escribe o teu comentario