Case a metade dos fogares chega con dificultades a final de mes, o mellor dato desde 2010

O final da crise parece, por fin, consolidarse na economía dos fogares. Polo menos, nalgúns, pois case a metade das familias do país admite que segue apertándose o cinto para poder pagar as facturas do mes.


|

O final da crise parece, por fin, consolidarse na economía dos fogares. Polo menos, nalgúns, pois case a metade das familias do país admite que segue apertándose o cinto para poder pagar as facturas do mes.



Compra supermercado


A Consellería de Facenda subliñou que o número de fogares galegos que pasan dificultades para chegase fin de mes é "o máis baixo de toda a serie histórica", tras a publicación dos datos por parte do Instituto Galego de Estatística (IGE).


A través dunha nota de prensa, o departamento destaca que o número de fogares que chegan con facilidade ou moita finalidade a fin de mes aumentou ata o 54,6%, mentres que a cifra relativa a aqueles que pasan dificultade ou moita dificultade descendeu ata o 45,4%.


"Este é o resultado máis baixo de fogares con algunha dificultade a fin de mes de toda a serie histórica, que se inicia no primeiro trimestre de 2010", segundo sinala.


MELLORA IMPORTANTE NO ÚLTIMO TRIMESTRE

De feito, engade que o número de fogares que chegan con facilidade a fin de mes creceu 7,4 puntos respecto ao anterior trimestre e case unha décima no último ano.

Ademais, chama a atención tamén sobre que no segundo trimestre de 2018 experimentouse un incremento da confianza dos consumidores.


Por último, apunta que a enquisa do IGE mostra tamén unha redución dos fogares que no segundo trimestre tomaron medidas para reducir gastos ou aumentar ingresos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE