Catro docentes galegos viaxan a Xenebra para fomentar vocacións científicas no seu estudantado

Catro docentes galegos forman parte do grupo de 18 profesores e profesoras de todo o territorio nacional que viaxaron a Xenebra o pasado día 24 para a asistir a un programa de formación de alto nivel na sede da Organización Europea para a Investigación Nuclear 


|

Foto CERN Profesores

Profesorado que viaxou a Xenebra


Catro docentes galegos forman parte do grupo de 18 profesores e profesoras de todo o territorio nacional que viaxaron a Xenebra o pasado día 24 para a asistir a un programa de formación de alto nivel na sede da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). 


O profesorado, que foi bolseiro pola Fundación Aquae para a viaxe e volve este venres 29, ampliará a súa formación en física, enxeñería e computación. O obxectivo é que aprendan ferramentas para que á súa volta poidan transmitir os seus coñecementos nas aulas, "fomentando así", segundo explica Viaqua, "as vocacións científicas e tecnolóxicas entre os seus estudantes".


"A moitos estudantes a ciencia asústalles e, dado que vivimos nunha sociedade totalmente tecnificada, é clave que a comprendan", expresou David Cale, membro do Consello de Estratexia e Supervisión da Fundación Aquae. Os docentes viaxaron ao maior laboratorio de investigación en física de partículas para asistir a clases maxistrais, conferencias, talleres prácticos, sesións de discusión e exposicións, pero tamén para visitar o acelerador de partículas, construído baixo terra. 


Desde o IES Arcebispo Xermírez I o Instituto Plurilingüe Rosalía de Castro en Santiago e o IES Eduardo Pondal en Ponteceso, os bolseiros galegos volverán desta viaxe con "novas formas para inspirar e motivar aos seus alumnos no achegamento ás materias de Ciencias", como explica Rúa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE