Localizada en Alacante a desaparecida en Lugo, onde pode ter unha relación
A moza de 22 anos do municipio lucense de Barreiros cuxa desaparición denunciou a semana pasada o seu pai na Comisaría da Policía Nacional de Lugo, ao non saber nada dela desde o xoves, foi localizada en Santa Pola (Alacante) "a través do seu móbil".
Cartel difundido pola familia
A moza de 22 anos do municipio lucense de Barreiros cuxa desaparición denunciou a semana pasada o seu pai na Comisaría da Policía Nacional de Lugo, ao non saber nada dela desde o xoves, foi localizada en Santa Pola (Alacante) "a través do seu móbil".
Así, finalmente confirmáronse as sospeitas que apuntaban a unha desaparición voluntaria, despois de ser achado o vehículo da moza "perfectamente" aparcado nas proximidades da estación de autobuses da cidade de Lugo o pasado luns.
O subdelegado do Goberno na provincia de Lugo, Ramón Carballo, trasladou que "todo apuntaba a que fora unha marcha voluntaria, e así se confirmou", destacou.
Respecto diso, concretou que a moza "apareceu en Santa Pola", ao ser localizada "a través do seu móbil". "Foi unha marcha voluntaria, por tanto é unha persoa maior de idade e ten toda a liberdade para moverse polo territorio", sentenciou Carballo.
Detrás da marcha apuntouse a unha suposta relación cun mozo da zona onde foi localizada. "Todo apuntaba que estaba detrás un chateo a través de Internet", sostivo o subdelegado.
Escribe o teu comentario