A metade dos postos de traballo de teleoperadoras desapareceron
Cansas das súas pésimas condicións laborais, as teleoperadoras galegas saen á rúa. No mediodía deste mércores concentraranse diante do Parlamento de Galicia e tamén -ás 10 da mañá- diante da sede central da operadora R, a marca galega de Euskaltel.

Protesta dos traballadores de Atento na Coruña en febreiro / CIG Atento
MENOS EMPREGO E AÍNDA MÁIS PRECARIO
Segundo datos facilitados polo sindicato CIG, desde 2002 ata hoxe as operadoras recortaron 39.000 postos de traballo no Estado, pasando de 94.000 a 55.000. Unha boa parte destes empregos é evidente que os desprazaron ao estranxeiro.
Non é que haxa menos traballo, é que o que queda é aínda máis precario, "empeorando salarios, bases de cotización e condicións laborais". Fronte ás subcontrataciones, reclaman "integración do emprego nas empresas matrices" acabando cos falsos autónomos e as "cadeas de subcontratación".
As manifestantes reclamarán ademais negociar convenios no país e non en Madrid, delegacións territoriais en Galicia e o uso do galego no sector, por "respecto aos dereitos civís dos traballadores e os usuarios".
Atento, unha das principais empresas do sector en Galicia, leva semanas de conflito laboral en Coruña, cidade que acolle a maioría deste tipo de compañías.
Escribe o teu comentario