Este xoves arrinca a feira Semana Verde con máis de 700 expositores e 200 actividades

A 41ª feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia contará con 710 expositores directos e 331 firmas representadas de 20 países diferentes


|

Vista pavillu00f3n 2 semana verde 2017 IMG 4802


A 41ª feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia arrinca este xoves 7 de xuño con 710 expositores directos, un 11,4% máis que en 2017, e 331 firmas representadas de 20 países diferentes. 


En Silleda reuniranse empresas e marcas de numerosos sectores, que van desde gandería, biomasa, mascotas, xardinería ou pequena maquinaria e ferramenta ata decoración, mobiliario e artesanía, ademais doutros produtos e servizos. 


Ademais dos certames paralelos Salimat Abanca, Fecap Abanca, Turexpo Galicia e Festur, durante a Semana Verde celebraranse 200 actividades distintas, como exhibicións de cans, mostras de cabalos, e exposicións de vacas de raza Loura Galega, entre outras. 


A inauguración será o xoves  as 16.30 horas, e desde a organización confían en que a feira volve converterse " no gran certame multisectorial de mostras e lecer do noroeste peninsular". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE