O Partido Popular vota en contra dunha proposta para reducir o consumo de bolsas de plástico
A iniciativa socialista céntrase nas bolsas de plástico dun só uso, que, segundo apuntou Vilán, tardan "55 anos en degradarse"
Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, o Partido Socialita levou a votación unha Proposición de lei do imposto sobre as bolsas de plástico dun só uso en Galicia. O Partido Popular, co seu voto en contra, vetou a proposta.
A portavoz de Medio Ambiente do PSdeG, Paticia Vilán, defendeu no Parlamento que "cada ano oito millóns de toneladas de plástico chegan aos mares e océanos, e en 2050 no mar haberá máis plásticos que peixes". A iniciativa socialista céntrase nas bolsas de plástico dun só uso, que, segundo apuntou Vilán, tardan "55 anos en degradarse".
A socialista instou á Xunta a "seguir o camiño de diversas autonoías, así como de numerosos países da UE onde o imposto xa existe", e cualificou de "lamentable" que o Goberno non haxa boto nada neste aspecto.
Escribe o teu comentario