Axentes Forestais denuncian quendas de 12 horas con máis de 2000 horas anuais

UGT denuncia que a Xunta "obriga" a traballar a axentes forestais e ambientais en quendas de 12 horas durante seis meses, así como con máis de 2.000 horas anuais "mentres un funcionario de corpos xerais realiza 1.700".


|

Bomberoforestalbatelume


UGT denuncia que a Xunta "obriga" a traballar a axentes forestais e ambientais en quendas de 12 horas durante seis meses, así como con máis de 2.000 horas anuais "mentres un funcionario de corpos xerais realiza 1.700".


Nun comunicado, o sindicato censura o "esperpento" que supón levar meses cunha negociación sobre as condicións de traballo deste colectivo cunha Administración galega que realiza unha proposta "miserable e cicatera".


Por iso, reclaman "horarios e salarios dignos", xa que, "en lugar de presentar un novo acordo que se axuste os novos lumes que se están producindo debido ao cambio climático e o abandono rural, o director xeral de Función Pública presenta un texto para o acordo inasumible".


Ademais, censuran que "a día de hoxe" os traballadores aínda non percibiron "nin un euro do pago" das xornadas realizadas na vaga de incendios en 2017.


Así mesmo, censura que a Xunta "malgastou máis de cinco millóns de euros de diñeiro público" de "todos os galegos nos últimos 10 anos", que "servirían para rozar moitos quilómetros", mentres "a Policía Ambiental de Galicia está sen vehículo" e "os directores de extinción do 99% dos lumes en Galicia sen cobrar unhas gardas dignas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE