O Deportivo ficha novo adestrador e renovará tamén a súa dirección

Natxo González, adestrador do Zaragoza, será o novo preparador do primeiro equipo do Deportivo da Coruña. O club non confirmou aínda oficialmente a fichaxe, pero dáse por feito.



|

Natxo González, adestrador do Zaragoza, será o novo preparador do primeiro equipo do Deportivo da Coruña. O club non confirmou aínda oficialmente a fichaxe, pero dáse por feito. 



Nacho gonzalez deportivo a liga


González disputará o play-off  de ascenso a Primeira co seu actual club. É probable que ata que o Zaragoza non conclúa a súa eliminatoria non haxa confirmación oficial. O primeiro equipo volverá ao traballo o próximo 9 de xullo co retorno a LaLiga como único obxectivo.


TRAXECTORIA DE NATXO GONZÁLEZ

Este adestrador viviu unha tempada complicada inicialmente. Con todo, o Zaragoza remontou e xa ten o cuarto posto de Segunda asegurado.


O Dépor  consegue así un preparador con experiencia na complicadísima loita polos postos de ascenso en a división de prata. González adestrou antes a conxuntos como o Alavés B, o Sant Andreu ou o Reus, onde logrou o ascenso a Segunda e converteuno en equipo revelación.


NO HABRÁ JUNTA GENERAL, PERO SÍ EXTRAORDINARIA


Por outra banda, o Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD, votou o martes, por unanimidade, iniciar os trámites para a organización e convocatoria, en data a determinar, dunha Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas para o nomeamento dun novo órgano de goberno da sociedade.


Valéndose dun informe do asesor xurídico, a dirección de Tino Fernández asegura que "non está na obrigación de atender a solicitude de convocatoria de Xunta Xeral de Accionistas", presentada por un grupo de accionistas que pretenden a substitución do empresario de Altia á fronte dos herculinos.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE