Galicia terá un novo centro especializado en ciberseguridade

|

Lograr que Galicia xogue un papel destacado no desenvolvemento dun dos mercados con máis futuro, o de servizos de ciberseguridad avanzados para compañías. Este é o obxectivo dun novo centro tecnolóxico que Telefónica e Gradiant están a piques de lanzar en Santiago.



Telefonica marta menendez

Marta Menéndez


ACTO DE PRESENTACIÓN E FINANCIAMIENTO


En concreto, o TEGRA Cybersecurity Center, será presentado durante a xornada La ciberseguridad na industria 4.0. Nace TEGRA!. este próximo mércores 23, na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Santiago, a partir das 10:45 horas.


A directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, e o director xeral de Gradiant, Luís Pérez Freire, presentarán a iniciativa nun acto que pechará o conselleiro de Economía, Francisco Conde.


TEGRA conta con financiamento da Unión Europea. En concreto, nace no marco da unidade mixta de investigación IRMAS (Information Rights Management Advanced Systems), cofinanciada polo Programa Operativo FEDER 2014-2020 da Unión Europea, que promove o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a investigación de calidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress