O funcionariado de prisións para este martes contra a "brutalidade represiva do Ministerio de Interior"

Os sindicatos acusan ao Ministerio do Interior, a través das Forzas e Corpos de Seguridade, de tentar "impedir por todos os medios" as concentracións "co uso desproporcionado da forza e aplicando unha brutalidade incomprensible e intolerable"


|

Protesta de funcionarios de prisións na Lama (Pontevedra).

Protesta na Lama o pasado 9 de maio


Acaip, CC.OO. e ATP, os sindicatos con representración no Centro Penal da Lama, convocaron aos traballadores para protestar pola "brutalidade represiva do Ministerio de Interior" nas mobilizacións do pasado día 17 en España. Para iso programaron unha concentración-paro de 15 minutos na porta principal da prisión este martes. 


Segundo informaron as centrais sindicais convocantes, a concentración terá lugar ás 12,00 horas deste 22 de maio na porta principal da prisión da Lama baixo o lema 'Ministro, a paus NON. Todos somos Dani'.

Os sindicatos denuncian que o 17 de maio, cando se tiñan convocadas varias concentracións de protesta dentro do proceso de mobilizacións para esixir unha mesa de negociación, "todas elas comunicadas á autoridade gubernativa", lembran, "a pesar de contar con todas as comunicacións e autorizacións, o Ministerio do Interior, a través das Forzas e Corpos de Seguridade, tentou co uso desproporcionado da forza e aplicando unha brutalidade incomprensible e intolerable, impedir por todos os medios que se celebrasen as concentracións de protesta".

Respecto diso, aseguraron os sindicatos que as convocatorias "sempre contaron cunha actitude pacífica pola totalidade de manifestantes". "Esa brutalidade e o uso desproporcionado da forza puido ser vista por toda España, xa que todos os medios emitiron as imaxes dos policías golpeando coa porra, a fartar e puñadas de forma brutal e indiscriminadamente aos traballadores penais, que de forma pacífica o único que facían era ocupar o espazo onde tiñamos autorizada a concentración de protesta", explicaron.

"A maior expresión desa brutalidade esaxerada que se emprega contra os traballadores penais, vivímola nas portas do establecemento penal de Morón de la Frontera (Sevilla), lesionando a varias decenas de compañeiros, con gravísimos golpes dirixidos á cabeza das persoas, con clarísima intención de facer dano físico e permanente", lamentaron.

COMPAÑEIRO INGRESADO
Respecto diso, destacaron que estes feitos "tiveron como resultado" que un dos seus compañeiros, de nome Daniel, "está ingresado aínda actualmente como consecuencia dunha actuación salvaxe, que lle propinou un tremendo e impresionante golpe coa porra no ollo dereito, rebentándollo literalmente", relataron, polo que prosegue "ingresado no hospital sen poder ter un diagnostico que permita garantir que vai recuperar a visión, xa que actualmente tena totalmente perdida nese ollo".

"En apoio a Daniel, para mostrar o desexo unánime de pronta e total recuperación, e mostrar a total e absoluta repulsa pola actuación brutal do Ministerio do Interior son os dous motivos que nos levan a convocar os 15 minutos de paro en todos os establecementos penais e na Secretaria Xeral, incluído o Centro Penal da Lama", sosteñen os sindicatos de prisións convocantes da mobilización. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE