Un estudo sitúa a Larsa como marca láctea máis comprada en Galicia
Segundo o estudo Brand Footprint 2018, que aborda as marcas de gran consumo elixidas en España, Larsa é a marca láctea máis consumida en Galicia.
Segundo o estudo Brand Footprint 2018, que aborda as marcas de gran consumo elixidas en España, Larsa é a marca láctea máis consumida en Galicia.
O informe, elaborado pola consultora Kantar Worldpanel, establece que Larsa é, segundo fixo público a empresa, "líder no segmento do leite en brick" e nos iogures. Así, a compañía sobe un chanzo desde a segunda posición no ránking que tiña en 2017 e sitúase "como a marca láctea preferida en Galicia".
O grupo ao que pertence Larsa, CAPSA FOOD, é tamén líder no mercado lácteo español. Central Leiteira Asturiana, parte de CAPSA, é a "marca láctea que máis elixen os españois e a cuarta no ránking xeral, destacando por ser a que máis crece en contactos co consumidor cunha evolución do 13,4%".
Escribe o teu comentario