Marcha en solidariedade cos enfermos de fibromialxia

A Marcha Solidaria pola Fibromialxia contará co apoio de SOS Sanidade Pública e outras asociacións de enfermos



|

Con motivo do Día Internacional da Fibromialxia, este sábado 12 de maio A Coruña acolle unha marcha solidaria por esta enfermidade, organizada pola Asociación Coruñesa de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple (ACOFIFA).



Dolorcronicofibromialgia


Ademais, a fachada da Deputación Provincial da Coruña e a Torre de Hércules iluminaranse con luces moradas emblemáticas en homenaxe aos enfermos.


PROGRAMA DE ACTOS


Baixo o lema “Dóenos; non estamos a finxir”, ACOFIFA dará comezo ás 11.30 horas aos actos reivindicativos do Día Internacional da Fibromialxia, brindando información sobre a fibromialxia e a súa sintomatología aos cidadáns de Coruña. Ás 12.00 horas a presidenta de ACOFIFA, Bibiana Pérez, lerá un Manifesto que resume as reivindicacións da Asociación tanto a nivel social como de saúde pública. A continuación, intervirá a deputada provincial de Benestar Social, Ánxela Franco, e pechará o acto, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.


A organización espera un gran número de persoas acoden con camisetas moradas a Marcha Solidaria, que estará apoiada polo alcalde de Sada, Benito Portela, SOS Sanidade Pública, así como por outras asociacións de enfermos e persoal do Centro Cívico San Diego onde ACOFIFA ten a sede. A Marcha Solidaria partirá do Obelisco cara á rúa Real, pasando por Rego de Auga, ata alcanzar a Praza de María Pita.


CAMISETAS GRATIS PARA Os PARTICIPANTES


A organización informa que para esta reivindicación as persoas interesadas poden reservar a súa camiseta solidaria -gratis- no email acofifaasoc@gmail.com. Así mesmo, dispoñerase de botellas de auga para os enfermos e resto de participantes para este pequeno percorrido, por cortesía da compañía alimentaria Gadisa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE