Un lugués gaña 3.000 euros ao mes durante 25 anos grazas á ONCE
O sorteo do cupón da ONCE do xoves 19 de abril premiou a un acertante da cidade de Lugo, que gañou o premio ás cinco cifras máis serie, polo que obtivo 35.000 euros máis unha paga de 3.000 euros ao mes durante 25 anos.

Segundo informa a ONCE nun comunicado o importe do premio é de 935.000 euros. Ademais, engade que se venderon outros catro cupóns con premio ás cinco cifras, con 35.000 euros cada un.
Maria Celia Cuquejo Rial foi a que repartiu 1.075.000 euros en premios. Esta vendedora está polas mañás no Paseo dos Deportes nº 10 da cidade de Lugo e polas tardes ten o seu posto no barrio de San Cibrao, concreta a ONCE.
Escribe o teu comentario