O SERGAS envía SMSs para informar dos resultados das operacións

|

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) puxo en marcha o programa 'Lembra' para o aviso aos móbiles dos acompañantes dos pacientes cirúrxicos sobre a evolución da súa intervención.



Chuac 1


Segundo informou o complexo nun comunicado, trátase dunha plataforma de comunicación baseada no envío de SMS que chegan ao teléfono da persoa que o paciente ou os seus achegados designaron como contacto.


O obxectivo desta iniciativa é "manter informados os acompañantes dos pacientes do curso da cirurxía sen que teñan que estar fisicamente na sala de espera de quirófanos durante todo o tempo da intervención".


As mensaxes son enviadas desde o computador do quirófano mediante a plataforma 'Lembra' polo que a comunicación entre o equipo cirúrxico encargado da intervención do paciente e a familia é "directa e rápida".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress