Un segundo brote de infección nun lote de mexillóns galegos amplía a alerta sanitaria

A Rede de alertas alimentarias incluíu un novo lote de mexillón cocido conxelado de orixe galega como causante dun segundo brote de toxiinfección alimentaria por norovirus na Comunidade Valenciana.

|

Mexillóns


A Red de Alertas Alimentarias detectou un segundo brote de toxiinfección alimentaria por norovirus na comunidade Valenciana. O virus, causante de "gripe estomacal" e gastrointeritis foi atopado nun lote de mexillón cocido conxelado de orixe galega.


Os datos do novo lote afectado, que tamén fora distribuído a Navarra, son os seguintes:


Produto: Mexillón cocido conxelado de orixe galega. 

Nome do produto na etiqueta: Mexillón media cuncha súper. 

Marca: Estrella Polar. 

Lote: 015DOP-18


O Instituto de Salud Pública y Laboral de Navarra procede á inmovilización e retirada inmediata deste novo lote.


O Gobierno de Navarra, como medida de precaución, recomendou a aqueles que puidesen ter o produto e lote, anteriormente mencionados, nos seus fogares que se absteñan de consumilo.


Ata o momento non se ten coñecemento de persoas afectadas polo seu consumo na Comunidade foral.

relacionada 39 persoas intoxicadas por mexillóns de orixe galega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE