Despedimentos en Edicións Xerais debido a unha "visión centralista"

O ex-director Manuel Bragado insiste en que  se vai de Xerais por motivos persoais, pero unha nota da CIG sementa dúbidas sobre o papel da matriz, Anaya, parte do grupo francés Lagardère .


|



O ex-director Manuel Bragado insiste en que se vai de Xerais por motivos persoais, pero unha nota da CIG sementa dúbidas sobre o papel da matriz, Anaya, parte do grupo francés Lagardère .



Culturgal 2014 Ediciu00f3ns Xerais de Galicia

Expositor de Xerais nun Cuturgal nunha imaxe da Wikipedia


Así o sindicato nacionalista CIG denunciou os "despedimentos" realizados en Edicións Xerais, propiedade do Grupo Anaya, empresa á que a central nacionalista acusa de impoñer unha "estratexia" baseada nunha "visión centralista xa avanzada noutras zonas do Estado español".


A través dun comunicado emitido este sábado, a CIG asegura que Anaya "acaba de terminar" un proceso de "substitución do traballo de produción" que, din, "reduce o papel" da editorial galega con sede en Vigo.


Así, aseguran que se trata dun "proceso planificado" acorde a unha "estratexia definida" pola cúpula do Grupo Anaya que, segundo a CIG, busca "asumir a produción" de Xerais, "estratexia que contou coa colaboración de parte da propia dirección" da editorial galega.


Así mesmo, denuncian que durante este proceso produciuse a "revogación" da delegada da CIG e que esta foi substituída por un representante de CC.OO.


A continuación, a central nacionalista asegura que "agora se produce o despedimento de tres traballadores e a 'saída voluntaria' do seu director, Manuel Bragado".


BRAGADO SE REINCOPORARÁ Á ESCOLA


En declaracións a Europa Press, Manuel Bragado reiterou que a súa saída de Xerais tras 24 anos foi "a petición propia" motivada por "intereses persoais" para reincorporarse á súa praza como mestre na Escola Pública.


No seu comunicado, a CIG mostra a súa "solidariedade" coas persoas despedidas, decisión que consideran "inxustificada", e apuntan que "sempre tiveron unha actitude responsable e diligente fronte a unha dirección que coa súa mala xestión propiciou o que está a pasar agora na empresa".

Por último, o sindicato mostra a súa "preocupación polo futuro" e a "supervivencia" dun proxecto fundado hai case 40 anos "e que durante moitos anos xogou un papel fundamental no universo da cultura literaria galega". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE