"As Rías Baixas son o noso Amazonas". BAIUCA presenta o seu álbum debut

|


Unnamed

Alejandro Guillán | Imaxe: Raso


O máis avanzado e vangardista da música electrónica e as raíces máis salvaxes e puras de Galicia converxen en Solpor, o revolucionario álbum debut de BAIUCA. Alejandro Guillán, coñecido por proxectos como Alex Casanova, capitanea o grupo que acaba de lanzar as nove cancións producidas polo propio artista en plataformas dixitais.


Solpor (Raso Estudo, 2018), mesturado por Sergio Pérez e masterizado en Irlanda por Stephen Quinn, é un álbum cheo de reivindicación cultural e política e resignificación dos símbolos tradicionais a partes iguais. Cunchas, frautas, gaitas ou pandeiretas combinan con sintetizadores para construír "pontes entre a reivindicación da cultura de raíz e o novo espazo propiciado polo século XXI". 


BAIUCA pregúntase como se delimitan as fronteiras entre a música tradicional, a folktrónica, a música de club, a world music, as gravacións de campo e o beat da máquina no que define como un "reinicio neotradicionalista".


O grupo, que declara que "as Rías Baixas son o noso Amazonas", estará o 14 de xullo no Grove presentando o seu álbum debut. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress