​Puigdemont sae de prisión

Di que "é o momento do diálogo" para atopar unha solución política e non xudicial nin penal ás reivindicacións soberanistas.


|

Carcel puigdemont


O expresidente de Catalunya Carles Puigdemont xa pagou a fianza e  ás 13.51 abandonou a prisión do norte de Neumünster  por orde do Tribunal Rexional Superior (OLG) de Schleswig-Holstein, no norte de Alemaña.



Ás portas da prisión, Puigdemont agradeceu en primeiro lugar o respecto e a profesionalidade dos funcionarios de prisións que lle atenderon, e destacou que "é unha vergoña para Europa ter presos políticos".


Dixo que "é o momento do diálogo" e "é o momento de facer política" para atopar unha solución política e non xudicial nin penal ás reivindicacións soberanistas.



Puigdemont sal de prisión


Durante a súa intervención, integramente en inglés, pediu "a liberación inmediata de todos os compañeiros que continúan nas prisións españolas”.


Este xoves, o Tribunal Rexional Superior (OLG) de Schleswig-Holstein ditara a liberdade baixo fianza de 75.000 euros para Puigdemont, á vez que indicou que a extradición a España era posible en base ao delito de malversación, pero non ao de rebelión.


Puigdemont prevé comparecer en rolda de prensa este venres ás 18 horas desde Neumünster cando salga do cárcere.


Á súa saída do centro penal, o presidente foi recibido por unha delegación de deputados de JxCat, ERC  e Demòcrates.

relacionada A Xustiza alemá descarta delito de rebelión e deixa en liberdade a Puigdemont

1 Comentarios

1

Vente pa España,VALIENTE,solo 30 años de carcel pasan pronto

escrito por T015 07/Abr/18    20:57 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE