CIG-Saúde convoca mobilizacións durante todo o mes de abril para defender a carreira profesional

CIG-Saude convoca mobilizacións todos os xoves do mes de abril por "un cambio na negociación da carreira profesional"



|


Manisanidadesantiago



CIG-Saúde chama ás áreas sanitarias galegas a mobilizarse para esixir ao Sergas "un cambio na negociación da carreira profesional". Os días 5, 12, 19 e 26 de abril convoca ao persoal sanitario para reclamar que o Servizo Galego de Saúde "recoñeza o desempeño do traballo profesional e non se converta nunha penalización retributiva".


A central sindical chama a mobilizarse ás 11,00 horas na rotonda do CHUAC na Coruña, na entrada principal do CHUO en Ourense e no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol; ás 11,15 horas na entrada do HULA en Lugo; ás 11,30 horas nos hospitais Provincial e Montecelo en Pontevedra e no Álvaro Cunqueiro de Vigo; ás 12,00 horas no Hospital da Costa, Hospital do Barbanza e Hospital de Cee; ás 13,30 horas na entrada do comarcal do Barco e ás 14,00 horas no Meixoeiro de Vigo.


En concreto, chama a todo o persoal a "sumarse aos distintos actos de protesta previstos" porque "non se pode consentir unha nova agresión" ás súas "dereitos e condicións laborais", concreta CIG-Saúde.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, denuncia que o Sergas "presenta un documento de carreira profesional baseado nunha serie de obstáculos que impiden que o persoal poida progresar nos niveis de carreira e, ademais, esconde cales van ser os valores e contías retributivas destes graos".

"Presenta ademais un modelo de carreira que discrimina xa que recoñece este dereito só ao persoal fixo, deixando fóra o persoal temporal, cando o Estatuto Marco establece que a carreira profesional é unha retribución complementaria para todo o persoal", subliña.

FOSE DE LA CARRERA
Nesta liña, denuncia que tamén quedará fóra da carreira profesional "todo o persoal fixo que se incorporou ao Sergas nos procesos selectivos convocados a partir de 2012", xa que, matiza, "esíxese unha antigüidade mínima de cinco anos como persoal fixo dos cales tres teñen que ser servizos prestados no Sergas e a incorporación efectiva deste persoal, isto é, a toma de posesión da súa praza, non se produciu ata o ano 2017".

Tamén CIG-Saúde sostén que este sistema "vai ser especialmente lesivo co persoal para o que o Sergas non convocou proceso selectivo", porque "o último foi en 2009 co bipartito". "Falamos dos grupos con menores retribucións: celadores, persoal de hostalería ou mantemento, entre outros", engade.

Con todo, a central sindical lembra que foi "a única organización da mesa sectorial que non asinou este acordo" e mantivo a folga do 2 e 3 de novembro de 2017 "por ser conscientes de que a proposta da administración sobre carreira profesional era lesiva para os traballadores do Sergas".

Abuín lembra que a lei establece que "a carreira profesional débese estruturar en catro graos retribuídos nos que se avanza progresivamente tendo en conta unha avaliación individualizada dos méritos dos profesionais que se teñen que basear", puntualiza, "na actividade asistencial, a mellora da competencia, a formación continua, a docencia, a investigación e o compromiso coa organización".

relacionada Ascenso para o cargo do SERGAS imputada na causa da hepatite

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE