Que precaucións deben tomar os 'porteadores' durante as procesións de Semana Santa?

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia explica unha serie de recomendacións que permitan previr posibles lesións ante semellante esforzo físico. 


|


Procesion


Durante Semana Santa, a carga que multitude de persoas soportan no trascurso dos pasos procesionais pode ocasionar severos problemas de saúde aos costaleiros, por mor de malas posturas ou movementos mal executados. Con motivo destas festividades, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia explica unha serie de recomendacións que permitan previr posibles lesións ante semellante esforzo físico.


As lesións máis frecuentes nos costaleros son as producidas por contracturas e sobrecargas nas zonas do corpo máis afectadas polo peso dos pasos, como son o pescozo, a zona de cuádriceps, xemelgos e pernas, así como cadros de dor articular en xeonllos e nocellos, ademais dalgúns casos concretos de parestesia ou hormigueo nos brazos, que se deben xeralmente ao pinzamiento dun nervio.


Así, é recomendable realizar un recoñecemento previo e individual; adestrarse física e tecnicamente para exercitar pescozo, brazos, mans, abdominais e pernas; unha hidratación constante e eficaz; e unha posible visita ao fisioterapeuta para corrixir posturas viciadas e mellorar a distribución do peso.


Antes da procesión, de acordo ao Colexio Oficial de Fisioterapeutas débense realizar exercicios de quecemento, e durante o propio paso é necesario manter as costas rectas, cabeza ergueita e mirada á fronte, manter a musculatura abdominal contraída sen chegar a flexionar do todo o cóbado e a boneca , pisar con toda a planta do pé e beber auga en pequenas proporcións.


Ao terminar a procesión, recomendan quitarse as proteccións e a faja lentamente e repetir os estiramentos. Para máis información sobre as principais precaucións que se deben tomar durante esta época do ano, os fisioterapeutas galegos deixan a disposición dos costaleiros  un manual no que se concretan exercicios e actuacións específicas para evitar riscos.

relacionada ​Consellos para que os pés non sufran nas procesións de Semana Santa
relacionada "Indicios de delito" nunha morte no corredor de Urxencias dun hospital do SERGAS

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE