​Ecoita o novo tema de Guadi Galego, que pecha unha etapa

Guadi Galego, unha das cantantes do país máis populares, cumpre a súa palabra. Hai unhas semanas comprometeu un agasallo para os seus seareiros e este venres ven de desvelar unha canción inédita; pero hai algo máis.



|

Guadi Galego, unha das cantantes do país máis populares, cumpre a súa palabra. Hai unhas semanas comprometeu un agasallo para os seus seareiros e este venres ven de desvelar unha canción inédita; pero hai algo máis.



Guadi


 Segundo ás súas propias palabras "Chegou o principio do final", un peche de etapa que quere converter nunha celebración e co que agradece a todos os seus seguidores o seu cariño e a súa presenza.


Fará esta recta final a ex-cantante de Luar na Lubre estará acompañada polo cuarteto de cordas e o trío de vento no último disco. Neste Fin de Xira, Guadi Galego, fai balance do seu terceiro traballo en solitario, O mundo está parado, un ano despois da súa saída.


Este disco logrou, esgotar a primeira tirada, moi especial, de 1.000 vinilos,en apenas un mes, e sendo considerado polo crítico Fernando Neira como un dos dez mellores discos do 2016 en España, ademais de merecer o premio da Crítica de Galicia.


No 2016, en que recibiu o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presentou O mundo está parado, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE