Leite a 46 céntimos denunciada ante a Xunta

O maior sindicato de gandeiros de Galicia critica ao grupo de Gadis por ofertar leite baixo custo e á vez "envolverse na bandeira de Galicia". Consultada por Galiciapress, a cadea de supermercados non responde polo momento. 


|

O maior sindicato de gandeiros de Galicia critica ao grupo de Gadis por ofertar leite baixo custo e á vez "envolverse na bandeira de Galicia". Consultada por Galiciapress, a cadea de supermercados non responde polo momento. 


Unións Agrarias (UU.AA.) presentou este mércores unha denuncia ante as Consellerías do Medio Rural e de Economía, Industria e Emprego por unha oferta da distribuidora Gadisa que consideran "fraudulenta" ao vender o litro de leite a 46 céntimos.



Leite gadis

Parte do folleto de Cash Ifa coa polémica oferta



En concreto, nun comunicado, o sindicato detectou estas ofertas da marca 'Campo Nuestro' nos centros de distribución Cash IFA que son contrarias ao protocolo de banalización do acordo lácteo de setembro de 2015, que evitaba o uso do leite como "produto reclamo" e a venda deste por baixo do prezo de custo. Acordo que puxo fin a importantes tractoradas no país.


Neste sentido, UU.AA. criticou que a cadea Gadisa "siga engordando as súas contas" despois de que as familias de gandeiros "malvendan" a súa produción.


"Supón un exercicio maiúsculo de cinismo por parte de Gadisa que se envolva na bandeira de Galicia nos seus reclamos publicitarios mentres impulsa medidas comerciais escuras que suman máis risco a un sector económico que vive na maior incerteza xurídica e económica", esgrimiu o sindicado.


Con esta denuncia, UU.AA. esixe ás administracións que vaian "máis aló" das declaracións de apoio ao sector e que fagan "o seu traballo de fiscalización" destas actitudes comerciais "devastadoras".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE