Como é a calidade real do aire que respiramos nas cidades galegas?
Datos oficiais dunha nova rede de control da UE mostran problemas en todas as urbes do país a pesar das choivas deste inverno, sendo a situación especialmente preocupante na Coruña.
Datos oficiais dunha nova rede de control da UE mostran problemas en todas as urbes do país a pesar das choivas deste inverno, sendo a situación especialmente preocupante na Coruña.
A calidade do aire nas cidades galegas deixa moito que desexar, mesmo en épocas de fortes choivas e vento como este final de inverno. Así se pode comprobar en un novo índice europeo de calidade do aire, European Air Quality Index (EAQI) posto en marcha pola Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) e a Comisión Europea fai catro meses. Os seus datos pódense consultar en liña.
O EAQI afirma sen ambaxes que a calidade do aire de A Coruña é pobre nun 15,6% dos días controlados (57) e non hai nin un só día no que se poida afirmar que a calidade sexa boa (tan só moderada e axustada). No que se refire a Vigo, ven obrigados a padecer un 13,4% de días con aire de pobre calidade, ata un total de 49.
Son datos resumidos pola Asociación Ecoloxista Arco Iris. Na súa opinión as cifras proban o impacto do tráfico e a contaminación industrial nas dúas principais cidades galegas; un problema que “debe ser abordado de forma integral polos concellos e as autoridades da Xunta”.
Na Coruña a situación é máis grave aínda se se miran os datos da estación de Torre de Hércules, máis próxima ao porto e á factoría de Repsol. Alí, nos últimos cen días, o 12% das xornadas houbo calidade de aire moi pobre e o 40% pobre.
Do resto de cidades, nos datos referidos aos últimos 100 días; Ferrol registrá só un 3% de días de calidade de aire pobre, Lugo un 10%, Santiago de Compostela un 21% (na estación de Santiago Norte, próxima a Finsa), Ourense un 21% e non hai datos dispoñibles de Pontevedra, a pesar da importancia da actividade industrial no contorno urbano debido á actividade de ENCE e Elnosa.
Escribe o teu comentario