Apoian en Pontevedra a iniciativa en defensa do bosque autóctono e a loita contra incendios

Impulsada polo coletivo 'Alianza por un rural Galego Vivo', a Deputación pontevedresa dará o seu apoio a esta iniciativa 


|


ILP BOSQUE AUTOCTONO


A Deputación de Pontevedra apoiará, a través dunha moción no Pleno do próximo 6 de abril, a iniciativa lexislativa popular (ILP) para a defensa do bosque autóctono e a loita contra os incendios, impulsada pola colectivo ‘Alianza por un rural Galego Vivo'.


O vicepresidente César Mosquera confirmou a plena coincidencia cos integrantes da plataforma - Adega, CIG, a Federación Rural Galega, a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Cousas de raíces - sobre “a diagnose do problema que sofre o noso territorio”, así como sobre as posibles solucións para recuperar o monte.


“Xa deixamos claro que entendemos que o maior problema ambiental da provincia é o mal estado no que temos o territorio, o noso monte”, asegurou Mosquera, que viu en “a última onda de incendios” claros efectos “perversos, elevados e clamorosos”.


O vicepresidente acusou á Xunta de non estar a tomar as medidas necesarias, destacando ademais que a Deputación de Pontevedra é a “única administración local que está a conceder axudas para a creación de parques forestais” e que mantén un convenio coa Universidade de Vigo para enfocar “solucións e directrices a seguir”.


"MEDIDAS EFICACES"


Un dos representantes de Alianza por un Rural Galego Vivo, Xosé Alfredo Pereira, indicou que o documento da ILP é un texto consensuado entre diferentes sensibilidades que engloba medidas eficaces e que fai aos propietarios das terras os protagonistas das actuacións.


A plataforma tamén buscan a defensa do monte común, xa que na revisión en marcha do Plan Forestal prevista desde a Xunta “preténdese a incautación do monte en man común”. O voceiro de ORGACCMM denunciou ademais que este Plan dá unha moratoria ao eucalipto e permite cultivos enerxéticos de crecemento rápido. Ante isto, expón a substitución do eucalipto por “madeiras de calidade” e a prohibición dos devanditos cultivos enerxéticos.

relacionada "Ata a cona de cobrar menos", campaña do BNG polo Día da Muller
relacionada ​Firma de moda busca voluntarios para crear unha devasa natural e reforestar Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE